Blog de Lingua do Pereiro

Blog do SNL do concello do Pereiro de Aguiar

Neste espazo teredes información de actividades relacionadas coa nosa lingua e a súa normalización, novas relacionadas coa nosa lingua e a nosa cultura.

Cultura e Educación ampliará en 30 cursos a oferta de Celga no presente ano

Escrito por LinguadoPereiro 02-07-2015 en Celga. Comentarios (0)

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, explicou no Parlamento que “imos estabilizar o sistema Celga”


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, explicou ante o pleno do Parlamento que está previsto ampliar o número de cursos Celga ofertados o presente ano e advertiu que para iso, consonte coa aposta pola estabilización do sistema Celga, “imos contar cos profesores que teñan recoñecida a súa condición de laboralidade coa Consellería.” “Este persoal –dixo Román Rodríguez− será convocado, previa elaboración dunha listaxe de prelación, para impartir 30 novos cursos Celga” que van ser convocados nas vilas e localidades de Galicia que non impartan as EOI.

Na súa intervención o Román Rodríguez lembrou que a Xunta de Galicia “acata sempre as sentenzas e procederá a levar a efecto o que indiquen os tribunais” unha vez sexan firmes, e que a vontade de diálogo é total, “eu mesmo –afirmou o conselleiro− e o secretario xeral de Política Lingüística xa nos reunimos hai uns días co colectivo e co representante sindical”.A prioridade e a responsabilidade da Consellería, aclarou o seu titular, “é garantir unha axeitada oferta de cursos para a obtención do certificado Celga.”


CONVOCATORIA DE CURSOS CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA

Escrito por LinguadoPereiro 13-10-2014 en Linguaxe administrativa. Comentarios (0)

Prazo 1º cuadrimestre: 12 de setembro de 2014 (prazo pechado).

Prazo 2º cuadrimestre: 16 de xaneiro de 2015

DOG Núm. 162. Mercores, 27 de agosto de 2014 (pax.36488)

ORDE do 20 de agosto de 2014 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Para os cursos de linguaxe administrativa galega, presenciais e en liña, e para os cursos preparatorios de lingua galega, Celga, as solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos noartigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Os centros tamén poderán facilitar ás persoas interesadas os modelos que se xuntan como anexos I (cod. ED104G) e III (cod. ED104H) desta orde.

prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte á data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de setembro de 2014, para os cursos do primeiro cuadrimestre (prazo pechado); e desde o 15 de decembro de 2014 ata o 16 de xaneiro de 2015, para os cursos do segundo cuadrimestre. 

Para acceder ao curso superior de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes, que se establecen no punto 2 do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega.

Preme aquí para obter a orde da convocatoria.


RECOLLIDA DE LENDAS E CONTOS DE TRADICIÓN ORAL

Escrito por LinguadoPereiro 08-10-2014 en Lingua galega. Comentarios (0)

Os nenos e nenas do colexio Ben-Cho-Shey están a recoller estes días lendas e contos de tradición oral propias do noso concello ou da nosa zona e coas que poderemos gozar neste blog coma comentarios a este mesmo post. Gozade coa súa lectura e animádevos a facer as vosas chegas!



Benvid@s!

Escrito por LinguadoPereiro 07-10-2014 en lingua. Comentarios (0)

Dámosvos a benvida a este novo espazo.

Neste recuncho a nosa lingua é a única ferramenta para o noso traballo.

Aquí teredes información de actividades relacionadas coa nosa lingua e a súa normalización, novas relacionadas coa nosa lingua e a nosa cultura. Tamén irán aparecendo ligazóns que vos serán de axuda cando precisedes facer as máis variadas consultas destes temas.

Outra liña de actuación deste blogg é solventar as dúbidas que teñades para realizar calquera tipo de documento en galego.

Este servizo quere ser unha ferramenta útil e de referencia nas dúbidas que vos poidan xurdir.

Un saúdo!